Por unha política local da abundancia
Despois da vitoria de Donald Trump nas eleccións presidenciais de novembro de 2024, a esquerda occidental vive unha das súas rupturas internas máis fondas das últimas décadas. Os xornalistas políticos Ezra Klein e Derek Thompson, dúas das voces máis influentes do debate norteamericano actual, publicaron “Abundance”, un ensaio aparecido ao fío da derrota do Partido Demócrata que sacudiu o campo progresista a ambos lados do Atlántico. A tese, tan clara como provocadora, sinala que durante anos a socialdemocracia abandonou a política de oferta -edificar, innovar, transformar- para centrarse case exclusivamente en redistribuír o que xa existe. O resultado foi que as formacións desta familia ideolóxica chegaron a ser percibidas por amplas franxas da cidadanía como meras xestoras da escaseza, e non como promotoras dun mellor porvir. Un diagnóstico difícil de rebater.
A defensa do medio ambiente, a xustiza social, as políticas redistributivas, un estado do benestar sólido e o respecto á diversidade non son atrancos para un programa deste tipo, senón os seus piares éticos irrenunciables
O concepto nuclear do libro son as chamadas “escasezas elixidas”. A penuria contemporánea de transporte eficiente, enerxía limpa ou acceso a un fogar digno non é resultado dun determinismo xeográfico ou histórico, senón de decisións conscientemente tomadas ou sistematicamente........
