O xenocidio continúa e a diplomacia da vergoña branquéao
Israel prosegue o seu proxecto de exterminio e limpeza étnica contra o pobo palestino sen que nada nin ninguén o deteña. Mentres Gaza segue a ser arrasada, o Estado sionista estende o seu brazo criminal ao Líbano, onde asasina poboación civil, e a Siria, onde combina a ocupación territorial con bombardeos impunes. Non hai tregua nin contención: hai terrorismo de Estado, apartheid, tortura e desprezo sistemático polo dereito internacional. Israel non incumpre a legalidade internacional por erro nin por presión das circunstancias: pisótaa como método de goberno.
A «Xunta de Paz» de Washington: un decorado colonial
A recente posta en escena diplomática impulsada desde Washington mereceu o rexeitamento de numerosos analistas internacionais, de organizacións de dereitos humanos e, sobre todo, do propio pobo palestino, que non se........
