O imperio ladra: Trump ameaza a Europa por atreverse a mirar cara a Canadá
Donald Trump volveu amosar os dentes. Desta volta, a escusa é a proposta de Von der Leyen de converter Canadá en «membro asociado» da Unión Europea. Para o presidente estadounidense, semellante iniciativa constitúe un «acto hostil». A resposta chega en forma de ameazas: «serios aranceis» e mesmo a posibilidade de romper o comercio con Europa.
Non é unha anécdota. Tampouco outro exabrupto illado.
É a lóxica dun imperio que non acepta que unha peza do seu taboleiro se mova sen o seu permiso.
Un patrón, non un accidente
Quen aínda pense que as saídas de ton de Trump son simples improvisacións non quixo mirar o patrón. Dende que volveu á Casa Branca, o trumpismo despregou un catálogo completo de agresión imperialista: ameazas militares, presións económicas, magnicidios, secuestros de Estado e terrorismo diplomático contra calquera país que ouse saírse do guión.
A fórmula é sinxela: obedecer ou asumir as consecuencias. E o máis revelador é que esa presión non se dirixe só contra os inimigos declarados de Washington. Tamén alcanza os seus propios aliados. Porque un aliado ao que se ameaza cando toma unha decisión independente comeza a parecerse demasiado a un servo.
América Latina, outra vez patio traseiro
O proxecto é descarado: devolver América Latina á condición colonial de «patio traseiro» que a esquerda do continente leva décadas combatendo. Vimos como se colocan........
