menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A patria non é unha pulseira

14 0
28.05.2026

En Galicia un xubilado ven cobrando de pensión arredor de 19.000 euros anuais, o 80% da base reguladora media, que representa a segunda taxa de substitución máis alta de Europa. Colle o autobús cunha tarifa bonificada e vai ao médico de cabeceira sen pagar nada, ao igual que ocorre coas medicinas. De súpeto hai que lle poñer unha prótese de cadeira que ao Sergas lle custa preto de 9.000 euros. Se o diagnóstico fose oncolóxico, o sistema cubriría integramente un tratamento que a Asociación Española Contra o Cancro cifra entre os 20.000 e os 100.000 euros. Se perdera autonomía, debería ter subsidiado o Servizo de Axuda no Fogar, que no mercado privado custa entre 15 e 25 euros a hora. Nada disto existía baixo a ditadura. Todo son conquistas democráticas financiadas con impostos. Case ninguén paga ao longo dunha vida o equivalente do que recibe.

A meirande parte dos médicos son resultado dunha formación que pagamos entre todos. O Estado inviste preto de 75.000 euros ao longo da educación preuniversitaria e sufraga o 90% do custo da carreira de Medicina, que ascende a uns 8.800 euros por alumno e ano. A residencia MIR engade de 200.000 a 225.000 euros brutos en salarios, máis un 30% de Seguridade Social, superando a factura por especialista os 270.000........

© La Región