menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Historias da emigración

23 0
13.09.2026

Un ano máis, fuxindo do calor imos ao pobo. Alá a poboación medra cada ano recibindo no verao as novas xeracións que residen nas cidades. Outros, asfixiados pola subida dos prezos da vivenda, prefiren a tranquilidade do medio rural, e alugan ou compran casa na vilas ou no povo situado moi perto de Ourense. Así, nun encontro aleatorio saúdanme con afecto e respondo por cortesía. Non sabía con quen estaba a falar e era un amigo da infancia. Xa pasaron uns 45 anos e Carlos recoñéceme porque tempo atrás, preguntara por min á miña familia. Falamos en pouco tempo de moitas cousas. Lembranzas de dous nenos que xogaban ao fútbol e andaban ás carreiras coas bicicletas. Nunca houbo diferenzas entre os dous; non podiamos perder o tempo nesas cousas. Carlos era un deses nenos da emigración que se criou cunha familia que tiña unha casa nova ao inicio do povo de Laiantes de abaixo. Os seus pais estaban na Suiza e poucas veces podía disfrutar deles. Pero medrou sen que lle faltara de nada e chegou a ser un empresario de éxito.

Na conversa recoñezo ao pai de Carlos Domínguez, veciño de A Touza, que me fai un pequeno encargo. Chámase Agustín Domínguez e garda con coidado un pequeno tesouro do que ten algunhas lembranzas. Trátase dunha bobina de cinta magnetofónica que mercou na Porta do Sol na súa chegada a........

© La Región