menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Bruxelas non pecha as tendas de Ourense

20 0
01.10.2026

Gonzalo Pérez Jácome vén de anunciar nas redes unha iniciativa “nacida en Ourense” para supostamente defender o comercio de proximidade europeo. Remitiu, “como cidadán, non como alcalde”, unha proposta á Eurocámara para revisar a prohibición de que fabricantes e distribuidores fixen prezos mínimos de revenda. O asunto merece debate. As tendas especializadas poden asumir o custo de expoñer, asesorar ou deixar probar un produto que logo se merca máis barato en Internet. É o chamado free riding, o aproveitamento gratuíto do servizo alleo. Outra cousa é proclamar que unha norma da UE “mata” o pequeno comercio e dotar de transcendencia institucional unha proposta particular. Calquera cidadán pode dirixir unha petición semellante. Un alcalde dispón de vías moito máis ambiciosas.

Un establecemento non vive só das regras de competencia. Vive da cidade que o rodea. Un autobús tamén é política comercial, como o son unha rúa accesible, un mercado atractivo ou unha obra capaz de transformar un barrio sen asfixiar os negocios que pretende beneficiar. A OCDE observou en catorce cidades españolas vendas medianas un 33% superiores en áreas peonís, malia........

© La Región