A alta velocidade con Portugal
A semana pasada desenvolvíamos nestas páxinas de LA OPINIÓN A CORUÑA a necesidade doutro modelo aeroportuario galego, alicerzado na transferencia da competencia á Xunta e na xestión consorciada desta cos concellos da Coruña, Compostela e Vigo, axentes públicos de cadansúa área urbana e sociedade civil.
Hoxe cómpre atendermos unha infraestrutura fulcral para este País que non encaixa coa radialidade madrileña e, xa que logo, non é da prioridade desa España baseada no capitalismo do Bernabéu que partillan Vox, PP e amplos sectores do PSOE e doutras esquerdas estatais. Esta falla de priorización adóitase percibir en amplos sectores políticos, mediáticos e mesmo dos altos corpos (tamén técnico-facultativos) da Administración do Estado e cadros altos das principais empresas do lobby construtor-concesional. Porque é unha infraestrutura que non lles encaixa. Como........
© La Opinión A Coruña
