menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Aí vén o Maio!

9 0
09.05.2026

Escribo estas liñas no día de onte, venres, no medio dunha grande algarabía. Moitas flores, que arrecenden e que son proba viva e pegada deste tempo de primavera. E, no medio, a tradición dos maios, de orixe verdadeiramente ancestral, e que perdura hoxe en Europa e en particular en Galicia, sobre todo no sur da comunidade e máis especificamente na provincia de Ourense. Unha festa que se remonta ás antigas civilizacións prerromanas, como a celta, na que o Beltane marcaba o inicio do verán pastoral, cando os rabaños de gando eran levados cara aos pastos das montañas. Fachos nos cumios e outeiros con rituais marcaban algúns dos fitos desta celebración, que tamén tivo a súa versión en Roma, nun contexto politeísta. E que resistiu o paso dos séculos...

Como lles digo, escribo estas liñas no medio da celebración da Festa dos Maios. E isto no CPI de Atios, en Valdoviño, que sempre destaca por combinar o interese pola tecnoloxía, a ciencia e as humanidades co importante feito de coidar a tradición e os nosos sinais de identidade, en todas as etapas educativas: Infantil, Primaria e Secundaria. E é por iso que desde........

© La Opinión A Coruña