menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Violencia

20 0
06.09.2026

O pasado mércores 2 de setembro As Tanxugueiras pechaban as festas de Palencia cun concerto na Praza Maior. Esa mesma tarde, tiña lugar unha concentración con motivo das mobilizacións de apoio a Ceuta diante da Subdelegación do Goberno. A intención inicial das persoas convocantes era manifestarse na propia Praza Maior, mais a Policía Local emitira un informe desfavorable pola coincidencia coa xornada grande das festas de San Antolín nun espazo no que se agardaba a presenza miles de persoas polo concerto do trío galego.

Cando rematou a concentración diante da Subdelegación, parte dos manifestantes decidiron ignorar o informe policial e dirixirse cara á Praza Maior para continuar coas protestas, ondeando bandeiras españolas e consignas contra o Goberno e a alcaldesa: «Pedro Sánchez, dimisión», «alcaldesa, dimisión» e incorporando a frase: «Hoy no se canta, hoy se defiende». O concelleiro de Cultura tivo que subir ao escenario para intentar acougar os ánimos. O público que agardaba a actuación........

© Faro de Vigo