menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Da Casa común á IA desarmada

11 0
28.05.2026

A publicación da primeira encíclica do papa León, Magnifica humanitas, fainos pensar que, contra o que moitas veces se ten dito e escrito, o maxisterio pontificio é unha reflexión en permanente avance froito de ter unha mirada comprometida, creativa e histórica da realidade e dos acontecementos que nela van ocorrendo. Non é un mirar ao pasado para recuperar formas e estilos de pronunciamentos sobre cuestións hoxe inexistentes.

Así, cando o papa León se achega ao mundo da IA faino porque esta é unha cuestión que está sendo relevante e que se vai incorporando a tódolos ámbitos da vida do ser humano. Do mesmo xeito que tamén o foi no seu momento a publicación da Laudato si de Francisco sobre a ecoloxía integral e a incorporación da cuestión medioambiental ao patrimonio maxistral da Igrexa. E ámbalas dúas cuestións na perspectiva do Concilio Vaticano II cando urxe a saber interpretar os «sinais dos tempos» (GS 4). Nada novo, entón; inda que moitos, agora comentaristas de cuestións de Doutrina Social da Igrexa desde os........

© Faro de Vigo