Actitude ambiental e cidadanía. O caso do río Lagares
El río Lagares, en una imagen de archivo. / MARTA G. BREA
As decisións que tomamos na vida desenvólvense a partir da interiorización das palabras e conceptos que utilizamos para comprender o que vemos. Explicamos o mundo con ideas que xorden dos sentimentos, da actitude que temos diante da vida.
As emocións condicionan o pensamento, a fala, a ideoloxía e as accións. No caso do ambiente, local e mundial, necesitamos pensar como se relacionan as persoas e as súas manifestacións culturais con outros elementos do ecosistema. Así, o coñecemento e os sentimentos ante outros animais, plantas e a diversidade humana que habitan este planeta determinan a nosa actitude e o noso comportamento diario.
Unha cidadanía organizada en institucións e en diferentes colectivos, formais e informais, maniféstase en declaracións e accións, como queremos sinalar no caso do río Lagares en Vigo.
O río Lagares é un símbolo da paisaxe do Val do Fragoso, onde se localiza a área urbana. A súa ordenación deu lugar a conflitos de........
