menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Malaventurados os pobres

38 0
01.08.2026

Volvín ver en televisión a película Acción civil, dirixida en 1998 por Steven Zaillian e protagonizada por John Travolta e Robert Duvall, que narra a historia real do avogado defensor das familias demandantes contra as empresas que contaminaron con residuos tóxicos a auga potable dunha vila e causaron a morte por leucemia de varios nenos. O equipo xurídico das empresas consegue alongar o proceso ata esgotar os recursos económicos do bufete rival e, cando o consegue, o responsable máximo, interpretado por Duvall, di a Travolta nun alarde de cinismo: «Un xulgado non é o sitio idóneo para buscar a verdade». E engade: «A verdade está nas profundidades dun pozo sen fondo». Despois, coa fachenda de quen gaña sempre, ofrécelle oito millóns de........

© La Voz de Galicia