Desahucios
Alberto Núñez Feijoo falou do desafiuzamento de Maricarmen e dixo que «es una desgracia personal, pero en Hospitalet de Llobregat otra mujer desahuciada se suicidó y nadie acampó por ella». É certo. Chamábase Olga, tiña 54 anos, dúas fillas e había cinco meses que un fondo voitre a deixara sen vivenda. Porén, non entendo a intención de Feijoo ao facer este comentario, como non sexa a de non estar calado. Se é así, se foi por darlle ao tarabelo, podería engadir que no 2025 se suicidaron 3.808 persoas en España —once cada día— e que a Plataforma de Afectados pola Hipoteca responsabiliza dun número importante ao «terrorismo financeiro». A observación de Feijoo non ten xeito, porque todos........
