menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Xosé Poldras expón na Deputación

22 0
13.04.2026

No amplo e luminoso espazo do primeiro andar do Pazo Provincial, antesala do poder de político da provincia de Ourense, coa área da presidencia fronte da escaleira, e tamén os departamentos de goberno nas ás dela, está a exposición do artista que firma X. Poldras. É un coñecido e recoñecido gravador residente en Ourense, nado Xosé Manuel Rodríguez Alonso en A Coruña, en 1969, sendo o seu desempeño profesor de debuxo no ensino público en Ourense. É Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo. O de “Poldras”, paso de pedras que atravesa un curso de auga, camiño dun muíño moitas veces, vén da súa terra familiar, Viana de Bolo. Coloca alí un bo mangado de obras dos últimos anos nos vans entre as portas dos despachos, arredor dunhas trinta e cinco, de formato grande e medio. Nunha foto institucional da inauguración privada, Poldras estalle a explicar ao........

© La Región