Insula Vtopía de Alterarte en Monção, Lunaria na Marimón
Dende o latín, Sara Donoso, desenrola como comisaria ao servizo da universidade de Vigo a colectiva das Casas-Museo de Monção (Portugal) cos fondos de arte xerados no campus de Ourense pola sala Alterarte. Eis un título-paraugas para gorecer a súa idea dun “laboratorio crítico para mirar o mundo de fronte”, palabras finais do texto de st. Thomas More (=Tomás Moro), “Libellus vere aureus, nec minus salutaris quam festivus, de optimo reipublicae statu, deque nova insula Vtopia (ou “Librillo verdaderamente dorado, no menos beneficioso que entretenido, sobre el mejor estado de una república y sobre la nueva isla de Utopía”, 1516. Mais ter a orde perfecta só é posible dende a insularidade e o non contactar con outros pobos... Donoso, que nestes días inaugurou A illa ignorada dende fondos do CGAC,........
