Antón Pulido foise a pintar o vento na kermesse eterna
A comezos de ano, o 16 de xaneiro pasado, achegouse Antón coa súa dona Fina até Ourense, e fíxome o galano da súa presenza, e dos que viñeron a velo, e a José Antonio Ocaña Martínez, grandes artistas nados na década dos corenta que trala do berce viñeron á cidade para a formación posterior, baixando Pulido dende Bóveda ao Seminario, onde perseverou, do menor até o maior; e Tamallancos, respectivamente, cara o Cardenal Cisneros, nos que o maxisterio de Jaunsarás e Xaquín Lorenzo deixoulles respectivamente pegada fonda. E os dous chegaron, malia as respectivas doenzas, de Vigo e Madrid para escoitarme falar das súas vidas e milagres dende o seu savoir faire nas artes plásticas, pintura e escultura, no centro expositivo municipal José Ángel Valente,........
