Ata o fin do mundo
Ridley Scott segue imparable. Aos seus 88 anos de idade gravou 5 películas nos últimos seis anos -ademais de colaborar en series e noutros proxectos como produtor– e ten xa outra media docena en marcha.
O seu último filme na carteleira chámase “La constelación del perro”, unha libre adaptación firmada polo guionista Mark L. Smith sobre a novela homónima de Peter Heller publicada en España por Blackie Books no 2014.
É un filme moi estadounidense –aínda que se gravou case enteiramente nos Alpes e en Cinecittà- e que mestura o xénero apocalíptico co cine de supervivencia en territorios salvaxes. A historia -ten algún cambio con respecto a novela orixinal- vira arredor de High (Jacob Elordi) un ex mecánico e piloto que sobreviviu a unha pandemia que acabou coa maioría da humanidade. O protagonista vive refuxiado, xunto co seu can e cun ex militar, Bangley, nos Montes Rocosos. Intentan manterse a salvo e defenderse dos ataques dos errantes “segadores”, pero un día Hig escoita unha misteriora transmisión radio, e irá á procura dunha vida mellor... “La constelación del perro” non se distancia doutras sagas apocalípticas, incluso........
