Saúda o tolo
Teño un amigo que, grazas o teletraballo, descubriu que os seus compañeiros de oficina non eran persoas tan desagradables. Foi deixar de verse durante meses, de darse os bos días, de felicitarse por cousas do calendario, de mercar agasallos para o amigo invisible, e de compartir en voz alta ofertas de vinted, preocupacións, plans de viaxe ou algunha noticia falsa de internet, para gozar en silencio, e na intimidade da casa, dun ambiente de traballo saudable. Ás veces resulta insoportable chegar á oficina, coma se nada, e atoparse cun compañeiro que, sen motivo ningún, está a gozar dun día marabilloso.
Todos sabemos que nunha oficina un ten que estar pendente de tantas cousas irrelevantes que resulta imposible traballar. Por iso as xornadas en España son de sete e oito horas, cando dende casa, sen máquina colectiva de café........
