menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Todo por Ourense?

9 0
13.05.2026

Nada me sorprende do que acontece nesta cidade. O que din cara os cidadáns os que hoxe mandan sempre é o mesmo: todo por este noso Ourense e todo polos veciños. Igualmente acontece cando se publica no BOE ou no BOP calquera medida que o goberno quita á luz, pois no preámbulo sempre se xustifica que todo se fai polo ben dos cidadáns ou da provincia en concreto á que vai dirixido o que se aproba. Esta é unha cantinela, unha milonga que se repite moitas veces e que nalgunhas resulta un feito positivo e noutras un fiasco, cando non un engano ou unha mentira piadosa.

O desta cidade é moi curioso, pois nela goberna un partido político que se di ourensán e non é nada máis ca unha empresa privada revestida co nome de partido. Un negociete entre colegas onde o máis habilidoso é o pillo que aproveita a situación para facer caixa e os........

© La Región