Amnesia total
Non sei se rir ou chorar, aínda que prefiro rir, que polo menos é máis san. As imaxes de ver a todo un ex presidente e a ex secretaria xeral dun partido de goberno contestando con evasivas e monosílabos diante un tribunal, ou dicindo que aquelo e o outro é falso, para logo acudir á manida resposta de “non me acordo” lémbrame ás persoas que teñen unha amnesia de comenencia. O que se ventila nese xuizo é o asunto de espiar a adversarios políticos, asunto que agora ninguén mandou facer e que resulta ser un delito moi grave nunha democracia. Mais ó lembrarme do caso dos sobresoldos que cobraban en “b” os ministros, non podo esquecer como actuaba aquel xuíz dicíndolle ó avogado da acusación que tal ou cal pregunta non procedía. Con iso xa todo me queda moi claro.
Pois ben, algo semellante aconteceu cando a D. Mariano Rajoy lle preguntaba a avogada da acusación, á que axiña a xuíza, que presidía a sesión, cortábaa dicindo que non procedía tal ou cal pregunta pois xa fora contestada........
