Novos tempos para o ensino
Como todos vostedes xa saben, o informe PISA sae á luz cada tres anos. Nese tempo non hai nada que analizar, nen invertir en educación nen nada de nada. Só hai que esperar que chegue o informe de máis de 300 páxinas, en inglés e saber interpretalo. Así este ano 2026, coñecemos os resultados dos datos recollidos en 2025 que se refiren a tres grandes bloques: 1. A preparación dos estudantes para o futuro;2. A conexión dos estudantes coa lingua inglesa; 3. A eficacia no mundo dixital. Até aquí todo ben. O problema aparece cando se fan comparacións segundo a economía da cada país e se empregan eses criterios para buscar o promedio da OCDE. Que é un organismo que busca unha rentabilidade económica ante calquera outra cousa. O aue pasa é que os criterios pedagóxicos sempre deberan atender ao desenvolvemento integral do alumnado. Para que calquera persoa poida entendelo direi que os que son bos alumnos, seguen adiante eles sós. O........
