menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Enredar cos nomes

9 0
yesterday

Cando era neno había un compañeiro de clase que nos dixo dun día para outro que quería que o chamásemos por outro nome. Non direi ningún dos dous para non identificalo. Non lle fixemos nin caso e, ademais, tomámoslle o pelo. Mal feito, pero iso sóubeno co tempo. Ás veces é bo cambiarlle o nome a algo, e as razóns poden ser moitas: unha rúa, praza ou parque que leva o nome dun ditador, asasino e/ou delincuente —esta parece unha razón poderosa, aínda que non todo o mundo a comparte—; un nome que co tempo se descobre que é ofensivo ou discriminatorio, que resulta ser historicamente falso ou que se asocia con algo negativo e mesmo truculento. Hai exemplos de todo tipo.

Pero o cambio de nome non sempre obedece a razóns razoables, senón a vinganzas, caprichos, ao propósito de eludir responsabilidades ou de evitar dar explicacións. Precisamente o rei dos caprichos, Donald Trump, acaba de ter un máis: cambiarlle o nome ao lago Ontario, para o que asinou recentemente unha orde executiva destinada a pasar a denominalo lago América.........

© La Opinión A Coruña