menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Coma nos contos de Andersen

15 0
05.04.2026

Cada 2 de abril, en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil. O escritor romántico danés, debe a súa celebridade a impresionante colección de contos de fadas que escribiu, y que segue tan vixente na actualidade.

Cos contos de Andersen ocorre que de tan coñecidos e divulgados, acabaron integrados no acervo popular de tal maneira, que dá a sensación de que en ocasións se toman como contos tradicionais de autoría anónima. Mais o certo é que Andersen é o clásico por excelencia da literatura infantil. A raíña das neves, O parrulo feo, A sereíña… Contos de aparente sinxeleza, pero cosidos con ese material que fai brillar unha historia infantil: as capas de profundidade. Esas capas son, en realidade, a habilidade das historias de calar en crianzas e maiores, porque dentro de cada unha destas pezas literarias, teñamos a idade que teñamos, atopamos........

© Faro de Vigo