menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A tortura da PAU

9 0
07.06.2026

Un grupo de alumnos celebra o fin dos exames da PAU, esta semana, no campus de Vigo. / MARTA G. BREA

Seguín con interese esta pasada semana cada xornada da PAU. Se facemos un pouco de memoria e temos presente o estrés e os nervios que nos provocaron estas probas, non é difícil poñerse na pel do alumnado. Segundo de Bacharelato, ademais dun curso preparatorio para estes exames que son a antiga Selectividade, tamén constitúe unha conta atrás. A carreira que escollas e, polo tanto, o teu futuro profesional, depende en gran medida da nota que consigas neses exames concentrados en tres días onde non hai respiro. Nunca comprendín ese sistema que, no fondo, parte da desigualdade, na medida en que a capacidade de tolerar e enfrontarse ao estrés non é a mesma para unhas e outras persoas.

A historia da Selectividade remóntase ao ano 1974, cando se proclamou a Lei sobre probas de aptitude para acceso ás Facultades, Escolas Técnicas........

© Faro de Vigo