A subversión da primavera
A primeira vez que tiven a sensación de que estabamos ás portas da fin do mundo foi no ano 1990. Cursaba sexto de EXB e unha alumna popular pola súa simpatía, entrou unha mañá na aula absolutamente abatida e soltou: «Din que o mundo se vai conxelar polo que está pasando co petróleo. Ímolo pasar moi mal. Pode que morramos de frío». Eran os tempos da Guerra do Golfo Pérsico, cando as tropas de Irak invadiron Kuwait.
Cantas veces ten un ser humano ao longo da súa vida de que o mundo está ás portas da desaparición? Cantas veces vivimos a sensación de atoparnos ao bordo do precipicio? A peste negra, a Primeira Guerra Mundial, os campos de exterminio, as dúas bombas atómicas, a pandemia da covid.. O impacto da información que chega ás crianzas é brutal. Porque se ben é certo que teñen a capacidade de estar xogando e rindo mentres ao seu arredor está acontecendo un cataclismo (familiar, social ou do tipo que sexa) as pingas de información que os seus cerebros procesan,........
