Fe e compromiso social
Se algo vai deixando a modo de semente a palabra que o papa León pronuncia nos diferentes ámbitos e contextos nos que se está a mover na súa visita apostólica e evanxelizadora a España, é a de que a fe non é unha abstracción para quedarse dentro dos templos ou de calquera outro espazo dos chamados sagrados. Abofé que non, porque no ADN do cristianismo, católico ou non, está sempre resoando caridade. Isto é: o compromiso, a concreción, a aterraxe na realidade a na vida das persoas de cada día e de tódolos días con e desde o amor. E contra o que moitas veces podemos escoitar desde certas espiritualidades desencarnadas e atemporais, o evanxeo urxe a desenvolver a misión na inserción do concreto, do real, do que está acontecendo, porque so así pode converterse en boa nova de esperanza para as persoas e para a sociedade.
Volvendo á visita, ímonos dando conta que a pesares das análises previas dos «entendólogos» da realidade sociopolítica, aqueles que monotematicamente todo o ven coas lentes da lectura política, o maxisterio do papa León........
