A rebeldía de Beiras
Xosé Manuel Beiras e Antón Sánchez, no Día de Galiza en 2017. / Óscar Corral
Por que queremos a Beiras? Por que tanta xente conecta con Beiras, incluso sen votalo, en especial na mocidade? De onde ven tanto recoñecemento e agarimo persoal que agromou onte por todas partes? No remuíño de emocións, da infinita tristura que diría Manu Chao, que me deixou o seu pasamento, esas preguntas colectivas víñanme de seguido ao maxín, mesturadas co profundo agradecemento persoal que sinto por Xosé Manuel, polo privilexio destes catorce anos dunha relación que empezou sendo política e acabou noutra, no plano persoal, de total e inquebrantable lealdade en ambos sentidos. Non necesitabamos estar de acordo en todo. El confiaba moito en min e eu,........
