menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Touradas en Pontevedra: uns apuntes para a reflexión

20 0
10.08.2026

Opinión Touradas en Pontevedra: uns apuntes para a reflexión

Xa está. O lobbi taurino volveu crear un relato totalmente alleo á realidade, o de que a tauromaquia en Pontevedra é algo así como “masivo” logo de que acadaron —supostamente— un sold out tras décadas sen lograrlo. Tiveron que reducir as touradas a dúas únicas xornadas para facelo, e con tan só dúas convocatorias nos 365 días do ano venden que son maioritarios.

As gradas estaban cheas de “ilustres”, dende Francisco Vázquez, exalcalde da Coruña e promotor das touradas subsidiadas no Coliseum, ata Alfonso Rueda acompañado por dúas persoas máis do Consello de Goberno, a conselleira de Vivenda e o de Mocidade. Si, o máximo responsable das políticas autonómicas para a xente moza apoiando a violencia contra os animais.

Outra mostra deste relato é vender como “importantísimo” que existan 51 peñas taurinas cun total dun milleiro de socios. Isto fai pouco máis de 19 por colectivo, números ridículos coñecendo a adhesión popular nas asociacións ecoloxistas, sociais e culturais de Pontevedra e que........

© El Salto