menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Feiras do libro

26 0
08.08.2026

Julio Camba, que aborrecía escribir e ler, confesoulle a César González-Ruano que na súa vida só odiara «a ese miserable que inventó la imprenta». Odiouno? Pode que si, e para se vingar del fixo unha folga á xaponesa e publicou miles de artigos tan enxeñosos e divertidos que o converteron no autor español máis lido do seu tempo, ademais do mellor escritor, en opinión de Ortega y Gasset. Nas feiras do libro está un Camba, felizmente redescuberto e reeditado nos últimos anos, con outros autores de éxito que veneran o nome do inventor da imprenta. E está, claro, a tribo de lectores que acoden ás casetas coa mesma gula coa que outros acoden ás feiras da alimentación. Non é para menos. Ler aliméntanos a........

© La Voz de Galicia