Unha lei para previr incendios, non só para limpar parcelas
Galicia está a tramitar un novo anteproxecto de lei de prevención de incendios forestais que actualice a normativa vixente desde o 2007, e que debería incorporar as leccións aprendidas das experiencias recentes. Os grandes lumes do 2025 demostraron que, baixo condicións extremas de calor, seca e vento, ningún dispositivo de extinción pode substituír un territorio ben xestionado, cunha presenza suficiente de superficie agraria útil que xere descontinuidades no combustible e facilite a defensa fronte ao lume. É significativo que os maiores incendios rexistrados en Galicia se producisen precisamente na provincia de Ourense, onde en amplas zonas apenas permanece arredor dun 10 % do territorio en produción agraria.
A primeira prioridade debe ser pois a planificación territorial. Os plans de distrito previstos no anteproxecto deben consolidar........
