Rara terra a nosa
A política internacional enche os espazos informativos con serias amenazas para a estabilidade e a paz, masacres sistemáticas de seres inocentes, accións bélicas que ignoran consensos internacionais e cifras insoportables de vítimas en moitos países. Mais o coñecemento da importante posición de Galicia en materia de terras raras xera pouco interese. Porén, hai que atender un asunto clave cara aos reequilibrios da economía nun ámbito global onde os intereses dos mercados marcan o ritmo e a deriva de políticas gubernamentais e económicas. Galicia será unha peza máis —non a menor— no taboleiro onde se xoga o beneficio seguro de materias primas imprescindibeis para o desenvolvemento de mercados mundiais, cada vez con maior incidencia na xeopolítica e nos negocios, mais tamén nos ecosistemas polo xa anunciado desequilibrio........
