menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O éxito das universidades galegas

30 0
18.08.2026

Acaba de publicarse o ránking de Shanghái das universidades do mundo. Galicia conta con dúas entre as mil mellor clasificadas, e outra que desta vez quedou fóra, pero outros anos estivo no mesmo grupo. España, con trinta universidades entre as mil mellores, é o quinto Estado do mundo —xunto con Canadá— con mellores universidades, diante de Francia, Italia, Xapón ou Suecia, só detrás de Estados Unidos, Reino Unido, China e Alemaña. Esta posición, sostida no tempo, revela un esforzo de mérito que para seguir proxectándose no futuro necesita atención pública, con organización de estímulos e financiamento axeitados, para a continuidade dunha dedicación académica que é base dese logro reputacional.

Os criterios de medición son esixentes, algúns moi difíciles de cumprir para universidades recentes como as de Vigo e A Coruña;........

© La Voz de Galicia