menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

«Queremos pisiños, bos e baratiños»

32 0
06.10.2026

Foi o lema das mobilizacións que recibiron a nosa promoción universitaria en 1979, en Santiago de Compostela. En outubro houbo unha manifestación e nun mes aquilo era unha cidade de estudantes mobilizada en todas as aulas de todas as facultades, en todas as prazas da cidade e, pola noite, en todos os edificios das rúas do Ensanche. Lembrarano moitos. Sen ir máis lonxe, Alberto Núñez Feijoo, que aquel ano comezou Dereito, partillando aloxamento con algún compañeiro meu. Un clásico, as vidas cruzadas do estudantado compostelán. Foi un conflito polo prezo dos pisos e pola salubridade. Para lograr que os libros e os taboleiros de estudar non cambaran coa humidade nas casas da rúa do Home Santo; para non ter que saír por unha fiestra para entrar no cuarto na rúa das Hortas.

Un compañeiro da facultade, despois........

© La Voz de Galicia