As falacias
Cando comecei os estudos de Filosofía, aló no Pleistoceno, unha das primeiras clases que me marcaron foi unha na que o profesor da materia de Lóxica, Xosé Miguel Sagüillo, nos explicou o que eran as falacias. Poucas clases me resultaron tan útiles na miña vida como aquela na que se nos fixo entender que, baixo da aparencia de «razoamento» o que había moitas veces era algo que non era nin lóxico nin argumentativo nin racional. Ou sexa, unha falacia.
Axiña entendín que tiña que haber aspectos da realidade onde as falacias eran imposibles. A política, sobre todo. Así, comezamos medrar vendo políticos como Tierno Galván (tradutor de........
