menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Noelia nos tempos da morte

17 0
27.03.2026

Onte xoves, cinco anos e oito días despois de aprobada por unanimidade a Lei Orgánica de Regulación da Eutanasia, Noelia Castillo Ramos, unha moza catalá de 25 anos, conseguiu que lle sexa aplicado o dereito para morrer dignamente, despois de padecer un verdadeiro martirio relixioso e burocrático. Aseguraba Noelia que desde os 13 anos viviu un suplicio psicolóxico e físico por cuestións familiares, abusos sexuais e violación, internamentos terribles en psiquiátricos e intentos de suicidio. Tras guindarse desde un quinto piso quedou parapléxica e as súas ganas de morrer alcanzaron fama internacional. Con todos os avais médicos e legais necesarios, desde hai dous anos, pola actuación dun pai ausente da súa vida cotiá e a intervención do grupo denominado Abogados Cristianos, viu cernada a súa férrea vontade de persoa intelectualmente consciente e incapaz de soportar as dores........

© La Región