Esculturas de Buciños, óleos de Antón
Foi en outubro de 2003 cando presentábase “O taller do artista” no marco do Outono Fotográfico no Centro Cultural da Deputación de Ourense, despois bautizado Marcos Valcárcel, de onde CCMV, nas siglas. Fun á exposición coa curiosidade debida á revelación dos espazos nos que escultores e pintores cociñan a súa arte, privados e misteriosos, os sancta santorum da creatividade. Foi toda unha revelación velos converterse ante a cámara nuns locais sen a aura que lles supuña, dende o peso dos artistas de noutrora, que coñecía pola historia. Detrás, un novo artista ourensán, Antón García de Buciños Nóvoa (n. 1971), de apelidos-chave para a elaboración da proposta, que viña apadriñado pola Fundación Florencio Álvarez-Mª Teresa Esteban, quen colaboraba na edición do catálogo. Coñecín aí que se licenciara en BB.AA. pola Universidade de Salamanca, e que........
