Vixiar para protexer
A recente restauración da mítica locomotora situada frente a estación intermodal de Ourense invítanos a reflexionar sobre cómo debemos coidar a nosa cidade. Cada elemento rehabilitado, xa sexa histórico, cultural ou funcional, require algo máis que un investimento inicial. Precisa mantemento, atención e, sobre todo, protección.
Neste senso, a vixilancia dos espazos públicos e das infraestruturas representa un papel esencial. Non se trata, unicamente, de evitar o deterioro ou os actos vandálicos, senón de garantir que estes bens permanezan accesibles, seguros e en condicións dignas para o conxunto da cidadanía. A experiencia demostra que calquera intervención sen un sistema de control e un mantemento axeitado corre o risco de ver comprometido o seu valor en pouco tempo.
A instalación de sistemas de videovixianza en puntos estratéxicos, como o contorno da locomotora, a súa área de influencia e a estación intermodal, podería constituír unha ferramenta eficaz para previr condutas incívicas ou delictivas. A presenza de cámaras actúa, en moitos casos, como elemento disuasorio fronte a posibles actos vandálicos ou usos inadecuados do espazo. Así mesmo, permitiría detectar........
