Unha Galicia aberta, moderna e con futuro
O Día de Galicia convídanos a renovarmos o noso compromiso coa identidade colectiva que fomos construíndo ao longo dos séculos e coa responsabilidade de continuarmos a fortalecer unha Galicia aberta, dinámica e orgullosa da súa historia.
A nosa comunidade é o resultado dun legado cultural, lingüístico e humano extraordinario. Galicia soubo conservar a súa personalidade propia, ao tempo que participaba activamente nos grandes procesos de transformación social, económica e política que marcaron a historia contemporánea. Esa capacidade para combinar tradición e modernidade constitúe unha das nosas maiores fortalezas.
Neste ano 2026 conmemórase o 45 aniversario da promulgación do Estatuto de autonomía de Galicia. Posteriormente á promulgación do Estatuto, constituíase o primeiro Parlamento de Galicia, un fito histórico que deu paso aos 45 anos de maior prosperidade de toda a nosa historia.
O Estatuto, aprobado nun contexto decisivo para a consolidación democrática de España, converteuse na pedra angular do noso desenvolvemento institucional e fixo posible que Galicia recuperase e exercese as competencias necesarias para atender as súas necesidades, protexer os........
