menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A voltas cos torques de Ansorena

12 0
16.05.2026

Ahistoria oral é unha das fontes admitidas pola investigación histórica. En 1988 Paul Thompson dicía dela que “...é a máis nova e a máis antiga forma de facer historia”, como cita David Mariezkurrena en “La historia oral como método de investigación histórica”.

Moitas veces descubrimos xacementos nas prospección arqueolóxicas guiándonos por relatos de entrevistados locais, de narracións sobre lugares onde habitaban os antigos -os “mouros”- e sitios onde se produciran achados de pezas acaecidos xeracións atrás, transformándose non poucos deses relatos en xacementos arqueolóxicos reais. Os arqueólogos soemos dicir que toda lenda ten un transfundo de realidade, que cada narración agacha unha historia enmascarada. Antes de iniciar unha prospección arqueolóxica, adoitabamos repartir enquisas entre os nenos dos colexios do lugar. As respostas que traían da casa unha vez consultados os pais, e sobre todo os avós, soían ser proveitosas, porque a tradición oral ben interpretada e estudada axeitadamente pode contribuír á construción histórica igual que a documentación escrita ou as escavacións........

© La Región