menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Fermosuras caducadas

21 0
16.05.2026

A quen lle pode interesar o pesimismo co que escribe o Vello Milenario? Penso que a moi poucos; máis isto non é óbice para que trate de conectar cos lectores que participan na dúbida da vida desde distintos balcóns do pensamento que, para teren validez, han ser críticos.

Un amigo solipsista, a quen lle teño un especial cariño, manifestábame que é feliz ao controlar a realidade ficticia dun mundo atomizado no que, a pesar de estarmos rodeados de “xente”, vívese na soidade máis absoluta e, por suposto, desconectados e sen proxectos compartidos. Para el todo o que existe son emanacións da súa conciencia. Pesimistas, amantes das festas. Fermosuras, devoradas polo tempo. Secretos ocultos para a eternidade. Erotismo emanado das masas desconsoladas. Amores clandestinos, fillos da imaxinación cromática........

© La Región