menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Un Pérez Jácome fai un cento

16 0
23.07.2026

As edís do grupo municipal socialista veñen de estrear “Nós, as Concelleiras”, un podcast descrito nas súas redes como “conversas sen filtros” baseadas na “política de proximidade”. A presentación fala de “mulleres comprometidas coa súa cidade” e “ganas de ilusionarnos con Ourense”, nun rexistro emocional, sen mención a proxecto ou programa. O primeiro episodio, de media hora, chega despois da proclamación oficial de Natalia González que, coa conivencia provincial e nacional do partido, “desalentou” toda opción rival e afogou o debate interno. Inmobilismo nunha formación co seu peor resultado histórico en Ourense -17,3% en 2023- e enquisas recentes xa a sitúan mesmo por baixo dese chan, o que faría esperar autocrítica antes que mercadotecnia baleira. No tramo final do mandato, quen levan varios ciclos optan por presentarse coma descoñecidas.

A elección dunha libraría para a representación tampouco é casual. Evoca cultura, sofisticación e distancia fronte ao resto da clase política local, fincando unha pretendida superioridade que non se xustifica. Dentro dese decorado, superficialidade e improvisación mediante, o rexistro é constante de risas e frases coma “ganas todas, ilusión a raudales”, “non teño medo” e “moi ben, fantástico”, expresións repetidas sen sustentar nada concreto. Cando se agarda........

© La Región