Pensar Ourense para construír futuro
Ourense leva demasiado tempo falando de si mesma sen pensar en si mesma. O ruído público oscila entre a nostalxia e a queixa, sen que agrome un espazo estable onde analizar con rigor o que é e o que podería ser. Non existe tradición de pensamento organizado sobre a cidade e a provincia independente dos partidos e das institucións, nin tan sequera nas universidades cando estas funcionan por encarga ou en modo autorreferencial. Esa ausencia ten un custo real: os problemas diagnostícanse mal, as decisións tómanse por contaxio, intuición ou segundo lóxicas de partido, as políticas non se avalían e cada ciclo político comeza desde cero, sen acumular aprendizaxes útiles. A falta de ideas non é un problema cultural. É unha eiva de gobernanza que se pode corrixir. Para cubrir esa lagoa nace o Ourense Policy Lab (Oulab).
A denominación retida non é snobismo. Policy designa algo que galego e castelán non capturan nun só vocábulo, a saber, o conxunto de marcos analíticos, decisións e modelos que configuran a acción pública nun territorio. Escoller ese termo en inglés é tamén unha declaración de intencións. Ourense non pode pensarse só desde a autocompracencia do que se considera saber nin desde o illamento de quen cre que os seus problemas son únicos e........
