Respirar palabras
Ando baixo de inspiración. Agora toca descubrir se me refiro á de coller aire ou á de deixar caer palabras sobre unha páxina en branco. Ás dúas, para que enganarnos.
Inspiro mal porque o sufoco é enorme. Custa respirar. E respirar consiste, precisamente, en coller aire e soltalo. Parece doado, pero hai días nos que ata iso pesa. Se non respiro, afogo. Se afogo, morro. E se morro..., a tomar por aquel sitio a outra inspiración, esa que vive das ideas e das........
