A casa común do galeguismo e as locais do 27
O 25 de xullo deixou como imaxe indubidábel unha ateigada manifestación do BNG nas rúas de Compostela. Tamén moitas actividades e partillantes no Festigal. A política require de densidade humana canda a mensaxe e, hoxe, non existen máis organizacións políticas arraizadas no País e dotadas de auténtica capilaridade social ca o PPdeG e o BNG. Hai unha maré de fondo, unha pulsión de cambio que sinala a maduración dos tempos políticos en Galiza. A organización soberanista semella ir asumindo que o noso país é profundamente plural e que calquera proxecto con vocación hexemónica ten de ser, xa que logo, plural, transversal e inclusivo.
No vindeiro curso académico as eleccións locais de 2027 van ser fulcrais á hora de decidir se continua a hexemonía do PPdeG (que mesmo arela um avance en determinadas vilas e cidades) ou avanza a Galicia do cambio, nomeadamente nas cidades, no mantemento do control das Deputacións de Lugo e A Coruña e na recuperación da Deputación de Pontevedra.
O Dereito electoral local castiga aos espazos........
