Normandos, britanos e Galiza no Tapiz de Bayeux
Detalle do Tapiz de Bayeux / LOC
Unha das obras máis sobresaíntes dos tempos románicos e cando o reino de Galiza campaba no mapamundi, é o Tapiz de Bayeux, tamén coñecido da Raíña Matilde. Imprescindible para coñecer e ilustrar o século XI: as construcións, naves, xinetes, xerarquías, costumes, a guerra...
Anos nos que o islam e o furore normannorum das ladaíñas ameazaban á beiramar de Iacobsland, recalada imprescindible nas cruzadas cara aos Santos Lugares. Terras de Galiza nas que reinaba Alfonso VI, sendo bispo de Iria-Compostela o aragonés Diego Peláez, quen potencia a peregrinación en Compostela como sé apostólica, respecto a Toledo e á mesma Braga. Favorecendo canto significaba a reforma gregoriana, mesmo creando ceca propia. E o máis importante, no 1075, sobre o vello templo destruído por Almanzor, comeza a construción dunha nova e sorprendente catedral. Tempo destacado polas pretensións das fillas de Alfonso VI, de Urraca, casada co conde Raimundo de Borgoña, irmán do Papa Calixto II e por outra banda por Tereixa, esposada co non menos distinguido Henrique de Borgoña, condes de terras bracarenses. Reino de Galiza que entraba nas pretensións expansionistas de Guillerme o Conquistador, no 1063 peregrino a Compostela. O mito fala do agasallo de resistentes facos galegos ao rei normando, os seus preferidos. Galiza era considerada na equitación.
Diego Peláez (ou Páez) era visto con desconfianza por Alfonso VI pola súas relacións con Guillerme o Normando na ansia dun fronte común atlántico. Así no lo conta a Historia Compostelán, motivo polo que foi desterrado, pese á desautorización do Papa Urbano II.
Unha gran exposición no British Museum protagonizada polo ‘Tapiz da Raíña Matilde’
Tapiz de Bayeux que dende o 2007 está rexistrado pola Unesco como Memoria do Mundo, con museo propio na cidade normanda de Bayeux. Documento agora de actualidade, cando, a fin de fortalecer os vencellos........
