Até sempre, Xosé Manuel
Ana Pontón e Beiras. / Xoán Álvarez
Hai persoas que deixan unha fonda pegada en varias xeracións, Xosé Manuel Beiras é unha delas, alguén que ten para sempre un lugar no corazón e na historia do pobo galego.
Lembro perfectamente como o coñecín. Tiña 16 anos, militaba en Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, e Xosé Manuel veu dar un mitin a Sarria, a viña vila natal. Acudín a ese acto con toda a ilusión de poder ver cara a cara a quen era o referente indiscutíbel do nacionalismo galego, e lembro a interpelación que nos fixo a xente moza, animándonos a loitar polo noso País e polo noso futuro, porque ambos estaban unidos e........
