Beiras, confesións indiscretas sobre un intelectual
Homenaxe a Beiras en Santiago o pasado ano. / Antonio Hernández
Dada a estreita e íntima relación que se forxou ao longo da súa fecunda vida con Galicia ben podería ser Beiras un topónimo das terras de Compostela dada a osmose que se establece entre a toponimia e a terra. É por isto que me permito recoñecer a súa categoría intelectual recoñecendo, en definitiva, o título que lle ten outorgado o pobo galego. Deste xeito, un topónimo ancestral pecharía a súa órbita cun recoñecemento contemporáneo, conquistado en boa lide: opinou, non sen risco, en cousas de interese público con autoridade moral entre a elite.
Obviamente non son intelectuais todos os que interveñen na vida pública ou os que opinan por conta de terceiros, nin son intelectuais os que defenden verdades........
