menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Vivenda: a emerxencia baixo o negocio

15 0
20.09.2026

Hai cifras que describen a economía e cifras que describen unha época. As da vivenda pertencen ás segundas. Acabamos de coñecer que o prezo medio da vivenda libre en Galicia subiu un 11,2 % no segundo trimestre de 2026, ata os 1.657 euros por metro cadrado. En Pontevedra a subida chega ao 12,7 % e na Coruña ao 11,9 %. Non é unha oscilación estatística. É unha obscenidade que retrata unha das maiores emerxencias sociais do presente: o acceso á vivenda.

Porque detrás das porcentaxes hai vidas afectadas. A moza co seu primeiro traballo que continúa na casa familiar porque non pode emanciparse. A familia que abandona o seu barrio porque o alugueiro é imposible. Persoas que traballan nunha cidade na que xa non poden permitirse vivir. E tamén estudantes para os que conseguir unha habitación se converte cada curso nunha carreira de obstáculos. Entre os salarios e o prezo dunha vivenda abriuse unha fenda cada vez máis profunda, e nela quedan atrapados demasiados proxectos de........

© Faro de Vigo