O día das crianzas son todos
Madre e hija. / Imagen generada con IA
Na miña familia ocorre que os aniversarios dos pais están concentrados entre marzo e finais de abril, datas que coinciden na época do Día do pai e Día da nai. Ante tal acumulación de celebracións e agasallos —e vendo moi lonxe aínda o meu aniversario, que cadra en setembro— lembro preguntar de cativa con certo ton de inxustiza: «¿E cando é o día das fillas?», e recibir unha resposta que me facía sentir unha inxustiza aínda maior: «Os días das fillas son todos». Eu pensaba: «Que mentira tan grande».
O meu razoamento ía polo seguinte camiño: afirman que os días das crianzas son todos porque os pais teñen a obriga de educarnos, darnos alimento e abrigo, e iso require unha atención e un desembolso económico. Pero ser pais foi unha escolla súa e eles tamén comen, tamén se visten... O caso é que na miña mente de........
