menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

El Xokas vai espido

26 0
19.07.2026

El Xokas, nunha imaxe de arquivo. / J. Rosende

El Xokas é un dos streamers máis polémicos do panorama hispanofalante. O creador galego, que acadou a popularidade grazas ás súas retransmisións de videoxogos, levantou un negocio dixital que, entre Twitch, YouTube e Instagram, suma varios millóns de seguidores, e os seus directos reúnen decenas de miles de espectadores de maneira simultánea, como el mesmo se ocupa de lembrar con frecuencia nas súas intervencións.

Nunha sociedade onde as cifras son a principal medida de éxito, o número de visualizacións e de interaccións no ámbito dixital tradúcense en ingresos publicitarios que van da man da relevancia pública. Neste contexto, El Xokas acaba convertido nun perfil atractivo para as campañas publicitarias, malia os controvertidos episodios que foi acumulando ao longo destes anos, tanto pola agresividade coa que se expresa cando recibe unha crítica, coma polo fondo dos seus argumentos e por prácticas cuestionables (resulta difícil esquecer cando no medio dun directo, explicou que vivía practicamente fechado na casa,........

© Faro de Vigo